"A bicicleta é un vehículo curioso. O seu pasaxeiro é o seu motor."

- John Howard

bicycle-932007_960_720
mountain-bike-55358_960_720
bicycles-6895_960_720
ocean-view-1149050_960_720

Imos de RUTA con Xabi

Xabier Pérez
Xabier Pérez

 

Técnico Deportivo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural
Línguas: Galego, Castelán, Inglés, Alemán

 

Monitor e Guía de Sendeirismo polo IES Sabón
Monitor e Guía de BTT pola Federación Madrileña de Ciclismo e IES Sabón
Monitor e Profesor de Surf pola Federación Galega de Surf
Primeiros Auxilios de Cruz Vermella
 

Experiencia:
  • Profesor e Monitor de Surf, Ferrol Surf School dende 2013 ata a actualidade
  • Mecánico de Bicicleta en Practica, Ferrol 2016
  • Ruta de larga distancia có bici, Camiño de Santiago de Alemania-Mannheim ata Francia-Bordeaux, 2014
  • Ruta de corta distancia á pe, Camiño de Santiago de Santiago - Fisterra, 2007
  • Participación na XII Ruta Cicloturista "Lagos de Covadonga", 2000
  • Participación non competitiva de Modalidad Downhill, 1999-2003
  • Preseleccionado pola Selección Galega de Ciclismo, 1998
  • Participación nas Competicións de Modalidad Cross Country, 1994-1999
 
Llevo dende os 14 anos enganchado ao Mountain Bike. Todo comezou nunha carreira de X-Country en Doniños, Ferrol na categoría Amateur. Un 2º posto fíxome pensar na competición. Entrenando diariamente estiven na competición 5 anos nas categorías Junior e Sub-23. Gozaba subindo ata que comecei e asistir a carreiras de descenso correndo os entrenos, collendolle o gusto a baixar. Os 20 anos comecei có surf, o que fixo que deixara durante uns anos a bicicleta. Pero sempre estivo aí. Hoxe compaxino o meu traballo de monitor de surf có de guía de mountain bike.

"Mountain Bike pode ser buscar pequenos retos en cada subida, superar esa trialera, pode ser tomar a seguinte curva o máis rápido posíbel, pero tamén pode ser unha vía para  alonxarse do barullo da cidade, escapar do cemento, a veces en contra da gravidade e outras deixándose levar por ela.

 

O paisaxe vai fluindo coma escenas dunha película, nunha historia que permiteche coñecer pequenos recunchos escondidos na natureza cheos de historia.

 

Para gozar das rutas en bicicleta, non é necesario estar moi entrenado, ben é certo que un mínimo de condición física será indispensable para gozar das rutas.

 

Temos varias rutas adaptadas a diversos niveis, para gozar sen ter que ir arrastrando a lingua.

 

Pasar pola natureza sen deixar rastro, coma se nunca pasáramos por ela. É a norma común a tódolos deportes e actividades no medio natural."

 

Xabier Pérez Cobelo