"É sempre máis lonxe do que parece. Sempre é máis alto do que parece. E sempre é máis difícil do que parece."

- As 3 regras de montañismo

abseil-243141_960_720
steep-59680_960_720
climbing-381912_960_720
escalada covas

Imos a ESCALADA con Iván

Iván Rouco
Iván Rouco
Técnico Deportivo en Escalada en Roca – Guía de Escalada en Roca
Idiomas: Castellano, Inglés

 


Experiencia como profesional da ensinanza:
  • Profesor de cursos de escalada en roca, montañismo e barrancos da EGAM dende 1996 ata a actualidade.
  • Profesor de escalada da UDC dende 2010 ata a actualidade.
  • Director dos Cursos de Monitores de Rocódromo da EGAM, 2012 y 2013
  • Director dos Cursos de Monitores de Club de Montañismo da EGAM,  2013
  • Profesor de escalada en roca nos cursos da empresa Campo IV
  • Responsable Técnico do Rocódromo Municipal de Ferrol 1999/2007.
  • Profesor de Escalada del Ciclo Superior T.A.F.A.D., IES Rodolfo Ucha, Ferrol.
  • Profesor de Escalada e Rescate no Ciclo Medio Conducción de Actividades no Medio Natural, IES Ortigueira 2001/02
  • Coordinador do Programa Vertical 2000 y Esc@lar 2001 (máis de 1000 escolares toman contacto coa escalada)
Como escalador:
Levo máis de 20 años dedicado a escalada en roca en todas as súas facetas. Competín a nivel galego na escalada deportiva e en bloque, pero nunca  subín ao máis alto do podio,  a resina non é o meu. En roca gozo dende os dous metros a os 500, Ainda que calquer tipo de pedra gustame se escalo con amigos, a arenisca de Fontainebleau, a caliza del Picu Urriellu e o granito dos acantilados galegos  atrapanme dunha maneira especial.

"A escalada en roca é unha actividade que transcende ó acto deportivo. A historia de esta actividade está reflexada nas rutas que fomos sucando polas paredes de todo o mundo. Reflexan todo o bó e o malo do humano, son o patrimonio d@s escalador@s. E todo iso nun medio que non nos pertence, polo cal pasamos co obxetivo de deixar o menor  rastro posible.

 

A escalada en roca ofrece multitude de vivencias que cada quen pode descubrir unha vez aprendidas as técnicas de seguridade que nos permitan movernos tranquilos polas zonas de escalada.

 

Toda actividad neste terreo é perigosa, incluso a menos arriscada das modalidades de escalada segue sendo un xogo perigoso. Por iso faise necesario o compromiso. Compromiso para aprender, para saber dicir que non se as circunstancias non son boas e para aceptar o bó e o malo da escalada. 

 

Se te acercas por primeira vez a escalada ensinaremoste como facelo de forma segura para que pouco a pouco podas gozar tranquilamente.

 

E se xa escalas e queres dar un paso a outra modalidade podemoste axudar a entender as claves, orientar teu entrenamento e a resolver os novos retos que te plantees.

 

Todo iso sen olvidar que, de vez en cando, hai que xirar a cabeza e deixar de mirar as paredes para saber onde estamos."

 

Iván Rouco