"Eu penso que no momento que as miñas pernas comezan a moverse, os meus pensamentos comezan a fluir."

- Henry David Thoreau

wanderer-254843_960_720
hike-863454_960_720
friendship-1081843_960_720
hiking-76874_960_720

 

Imos a CAMIÑAR con Xabi

Xabier Pérez
Xabier Pérez
Técnico Deportivo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural
Lenguas: Galego, Castelan, Inglés, Alemán

 

Monitor e Guía de Sendeirismo polo IES Sabón
Monitor e Guía de BTT pola Federación Madrileña de Ciclismo e IES Sabón
Monitor e Profesor de Surf pola Federación Galega de Surf
Primeiros Auxilios de Cruz Vermella
 

Experiencia:
  • Profesor e Monitor de Surf, Ferrol Surf School dende 2013 ata a actualidade
  • Mecánico de Bicicleta en Practica, Ferrol 2016
  • Ruta de larga distancia có bici, Camiño de Santiago de Alemania-Mannheim ata Francia-Bordeaux, 2014
  • Ruta de corta distancia á pe, Camiño de Santiago de Santiago - Fisterra, 2007
  • Participación na XII Ruta Cicloturista "Lagos de Covadonga", 2000
  • Participación non competitiva de Modalidad Downhill, 1999-2003
  • Preseleccionado pola Selección Galega de Ciclismo, 1998
  • Participación nas Competicións de Modalidad Cross Country, 1994-1999

 

Descubrín que o sendeirismo é moito máis que andar alá polo 2007 cando fixen o Camiño de Santiago de Santiago de Compostela ata Fisterra. Foi como deixar as cousas do cotío atrás e vivir o momento, eu, meus pés e o camiño que teño por diante. Anos máis tarde regresei a unha camiñada de varios días pola zona dos Ancares, a case 2000m. de altura por roteiros cubertos de neve. Poder camiñar cunhas vistas sen civilización e a paz das montañas foi outra gran aventura que nunca se pode olvidar. E agora gozo dos longos camiños pola zona de Ferrolterra achando historias que nosos devanceiros deixaron escritas nas nosas terras.

 

Galiza está chea de recunchos increibles e cada recuncho está cheo de pequenos segredos que pasan desapercibidos se non amosamos atención. Nosas botas son o mellor complemento para atopar esos segredos que a natureza galega garda.

 

A cada paso, fauna, flora, restos históricos, poblados, cultura,... pasan ante os nosos ollos, non así o tempo, que parece deterse.

 

Para levar unha ruta cómoda e agradable e importante levar calzado apto para a baixa montaña, que teñan agarre e non provoquen rozes ou suoración excesiva e roupa deportiva cómoda e axeitada según as condicións meteorolóxicas. Hidratarse cada pouco tempo é moi importante, non esperando a ter sede para beber.

 

Asi que prepara a mochila e... ¡A camiñar!